DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2006 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais.

Mediante Resolución do 28 de marzo de 2003 publicouse o convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 63, do 31 de marzo), que na súa addenda remite a súa tramitación ás bases reguladoras para proxectos empresariais de investimento (DOG nº 58, do 28 de marzo) e as súas modificacións. Este convenio ten por obxecto incentivar os investimentos de iniciativa privada que promovan novos proxectos de protección e mellora ambientais e contribúan ao desenvolvemento sostible.

A base 17 das bases reguladoras para proxectos empresariais de investimento establece que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das ditas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.10/03/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº EXPEDIENTENOME/RAZÓN SOCIALDATA RESOLUCIÓNIMPORTE

SUBVENCIONABLE

(EUROS)

SUBVENCIÓN (EUROS)EMPREGO

A CREAR

AF020.2005.1.3INDUSTRIAS OLIMECA, S.L.29-6-20066.986.632,921.746.658,2335

AF020.2005.1.10COMPOST GALICIA, S.A.29-6-20062.161.986,97540.496,7410

AF020.2005.1.6TECNOAMBIENTE GALICIA, S.L.29-6-20064.533.036,331.087.928,7210

AF020.2005.1.1DANIGAL RECUPERACIONES FERRICAS, S.L.19-7-20061.375.997,68330.239,444

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA