DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de setembro de 2006 pola que se aproba o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2006.

O Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, regula no seu artigo 4 as competencias da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, e, entre elas, no punto 2, atribúeselle á Inspección de Servizos Sanitarios que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2006 elabórase considerando as demandas das diferentes

unidades que integran a Consellería de Sanidade e o Sergas e seguindo a nova estrutura orgánica, na que se sinala a existencia de funcións dependentes da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral do Sergas.

Encádranse na consellería as actividades relacionadas coa saúde laboral, a acreditación e autorización de centros e servizos sanitarios, a actividade disciplinaria, as reclamacións de responsabilidade patrimonial e a avaliación do sistema sanitario.

Correspóndenlle á Secretaría Xeral do Sergas as actividades relacionadas coa xestión de concertos e prestacións sanitarias, así como un control interno do sistema sanitario.

Continúa tendo especial relevancia a loita contra a fraude, centrada especialmente no control da incapacidade temporal e a prestación farmacéutica, así como a avaliación da repercusión económica das distintas prestacións sanitarias.

No campo da incapacidade temporal insístese no cumprimento do convenio entre o INSS e a Comunidade Autónoma dada a transcendencia económica deste.

Resulta imprescindible para evitar disfuncións que as actividades de inspección se canalicen a través da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios e a nivel periférico nas xefaturas do Servizo de Inspección.

Por todo iso, conforme o establecido no artigo 5 do Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións da Inspección de Servizos Sanitarios por proposta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2006, que figura como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

I. Actuacións dependentes da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

1. Ámbito de saúde laboral.

* Aplicación, seguimento e control do convenio subscrito entre a Comunidade Autónoma e o INNS en materia de incapacidade temporal.

-Darlle resposta no prazo legal establecido ao 100% das propostas de alta emitidas polas entidades xestoras.

-Darlle resposta no prazo legal establecido ao 100% das intencións de alta implantadas polo Real decreto 1117/1998.

-Seguimento e avaliación da transmisión telemática dos partes de baixa/alta ao INSS.

-Seguimento e avaliación dos posibles acordos que se subscriban entre o Sergas e o INSS para a realización de probas diagnósticas e informes médicos.

* Tramitación do 100% das reclamacións de empresa relacionadas con situacións de IT dos seus traballadores nun prazo non superior a 15 días.

* Seguimento dos indicadores estatísticos de IT dos facultativos de atención primaria, priorizando a información e entrevista cos que presenten maiores desviacións.

* Incremento da colaboración coas axencias de atención primaria na programación de actuacións conxuntas para mellorar o control e a xestión da IT.

* Revisión do 100% dos procesos de IT con carácter trimestral, dándolle cumprimento ao establecido na normativa reguladora.

* Potenciación dos programas específicos de redución do absentismo por IT do persoal de centros do Sergas.

* Potenciación dos programas específicos de redución do absentismo no persoal da Xunta de Galicia.

* Formación de médicos de atención primaria para a actualización na xestión, seguimento e control da incapacidade temporal.

* Elaboración, en colaboración coa Inspección de Traballo dun censo de servizos de prevención propios.

* Realización das inspeccións e informes das actividades sanitarias dos servizos de prevención.

* Inspección e avaliación dos servizos asistenciais e condicións de funcionamento das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

2. Ámbito de acreditación sanitaria e autorización de centros e servizos.

* Realización das auditorías do programa de acreditación de centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Posta en marcha do novo programa informático de rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios.

* Avaliación dos centros sanitarios públicos e privados en materia de extracción e implante de órganos e tecidos.

* Realizar as actuacións procedentes para a renovación da autorización do funcionamento dos hospitais da comunidade autónoma.

* Inspección e avaliación do funcionamento dos centros de diálise.

* Xestión da acreditación de centros hospitalarios públicos para doazón de sangue de cordón umbilical.

* Continuación do grupo de traballo constituído para elaboración de protocolos para a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

3. Avaliación do sistema sanitario.

* Avaliación da xestión da lista de espera cirúrxica nos hospitais da comunidade autónoma.

* Avaliación do cumprimento do Decreto 104/2005, de garantía de tempos máximos de espera na atención sanitaria.

* Avaliación e seguimento das compensacións económicas pola doazón de ovocitos derivadas dos gastos

en que puidesen ter incorrido os doadores como consecuencia da doazón.

* Avaliación das reclamacións nas xerencias de Atención Primaria da comunidade autónoma.

* Avaliación das reclamacións nos hospitais do Sergas.

* Avaliación da extensión do parto sen dor nos hospitais do Sergas.

* Avaliación do cumprimento da normativa de consentimento informado en intervencións cirúrxicas e probas diagnósticas que o precisen.

* Avaliación da citación, programación e rendemento nas consultas externas nos hospitais da rede Sergas e fundacións públicas hospitalarias.

* Avaliación da citación, programación e rendemento das salas especiais de probas diagnósticas e/ou terapéuticas.

* Avaliación da citación, programación e rendemento das salas nos procedementos de cirurxía maior ambulatoria.

* Constitución dun grupo de traballo para establecer obxectivos e metodoloxía de avaliación en atención primaria.

* Avaliación do cumprimento da normativa sobre incompatibilidades do persoal do Sergas.

II. Funcións dependentes da Secretaría Xeral do Sergas.

1. Ámbito de concertos.

* Análise comparativa dos protocolos utilizados no tratamento para o cancro de mama no Centro Oncolóxico de Galicia e no Complexo Hospitalario Juan Canalejo. Incluirá a valoración da exixencia de protocolos diagnósticos, terapéuticos, de avaliación de resultados e de control postratamento.

* Inspección e control da prestación de servizos sociosanitarios concertados nas áreas de Pontevedra e Vigo.

* Inspección e control do Concerto Singular establecido entre o Sergas e Povisa, S.A. para a prestación de asistencia sanitaria.

* Comprobación do grao de cumprimento do consentimento informado nos centros concertados en pacientes derivados desde o Sergas para intervencións cirúrxicas.

* Estudo do impacto económico do tratamento de hemodiálise a pacientes doutras comunidades desprazados temporalmente á comunidade autónoma.

2. Prestacións sanitarias.

* Elaboración e implantación de programas de información periódica aos facultativos prescritores.

* Avaliación e análise cualitativa e cuantitativa das solicitudes de reintegro de gastos por asistencia sanitaria na medicina privada.

* Avaliación de procesos asistenciais.

-Custodia de historias clínicas.

-Sistemas de recepción, información e priorización de pacientes nas áreas de urxencia hospitalaria.

* Avaliación e control de terapias respiratorias domiciliarias.

-Avaliación do gasto en terapias respiratorias.

-Control da axeitada adherencia dos pacientes ás terapias prescritas.

-Avaliar o cumprimento do concerto por parte da empresa subministradora.

* Avaliación e control da prestación ortoprotésica.

-Avaliación e seguimento do gasto da prestación ortoprotésica. Realización de informes periódicos que inclúan o gasto por facultativo e servizo.

-Establecemento dunha sistemática para a redistribución de cadeiras de rodas en colaboración coas xerencias de Atención Primaria.

-Avaliación e análise do gasto dos produtos tramitados á Comisión Central de Seguimento da prestación ortoprotésica.

-Finalización do estudo das próteses cirúrxicas fixas en todos os hospitais.

* Avaliación e control do transporte sanitario.

-Realizar un programa de control da calidade do transporte sanitario non urxente. Incluír análises das reclamacións presentadas.

-Control da adecuación da prescrición de transporte sanitario para tratamentos prolongados (constatación directa, revisión historia clínica, informe facultativo responsable).

-Estudo dos gastos derivados do desprazamento en medios ordinarios de transporte.

3. Prestación farmacéutica.

* Programa de control da gravación polas oficinas de farmacia dos datos relativos ao CIP (código de identificación persoal) da tarxeta sanitaria e do código de receita.

* Programa de control de calidade da gravación polas oficinas de farmacia dos datos constatados nas receitas oficiais.

* Avaliación da calidade na subministración e distribución de medicamentos e produtos sanitarios nos centros sociosanitarios.

* Control da presenza dos farmacéuticos titulares nas oficinas de farmacia.

* Participación nas campañas de control da calidade de medicamentos e demais actividades programadas pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.

* Continuación do cumprimento das normas de correcta elaboración e control das fórmulas maxistrais e preparados polas oficinas de farmacia e servizos de farmacia hospitalarios.

* Programa de estudo e avaliación do reintegro de gastos de produtos farmacéuticos: avaliación da información dispoñible, análise de alternativas aos reintegros, avaliación da circular en vigor.