DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de setembro de 2006 pola que se homologa o contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Valdeorras para a campaña 2006-2007.

Consonte coa proposta elevada pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, relativa á solicitude de homologación dun contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño na zona de produción da denominación de orixe Valdeorras, formulada polos representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Xóvenes Agricultores, Adega Santa Marta S.A.T. e Asociación de Adegas de Valdeorras.

De conformidade co disposto na Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios, e de acordo cos requisitos previstos no Real decreto 686/2000, do 12 de maio, polo que se aproba o seu regulamento e co fin de

que os solicitantes poidan dispoñer dun documento acreditativo da contratación de materia prima.

Tendo en conta que o ámbito de aplicación do contrato proposto non supera o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do artigo 149.3º da Constitución, que establece a supletoriedade do dereito estatal,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Homologar o contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño na zona de produción da denominación de orixe Valdeorras, cuxo texto figura no anexo desta disposición.

Artigo 2º

O período de vixencia da homologación deste contrato-tipo será dun ano a partir da entrada en vigor da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Contrato de compravenda de uva para a súa transformación en viño na D.O. Valdeorras, para a campaña 2006/2007

...., .... , de .... de 200....

Reunidos:

Dunha banda, D/Dna ...., de agora en diante o/a vendedor/a, con documento NIF/CIF nº ...., con enderezo en ...., concello de ...., provincia de ...., e que actúa en nome propio.

E doutra D/Dna ...., de agora en diante o/a comprador/a, con NIF/CIF nº ...., con enderezo en ...., concello de ...., provincia de ...., representado neste acto por D/Dna ...., con NIF nº ...., con capacidade para a formalización deste contrato en virtude de documento do .... de .... de 200.... no que adquire apoderamento da empresa, inscrito no Rexistro Mercantil de Ourense (datos de inscrición).

Recoñecéndose ambas as partes capacidade e lexitimación para formalizar o presente contrato, fano conforme as seguintes:

Estipulacións:

Primeira.-O vendedor comprométese a entregar e o comprador a aceptar polas condicións que se establecen neste contrato o total da produción de uva de variedades preferentes Godello e Mencía, das parcelas que se relacionan como anexo a este contrato.

O vendedor obrígase a non contratar a uva obxecto deste contrato con máis dunha industria.

Segunda.-O vendedor deberá posuír a tarxeta identificativa da denominación de orixe, expedida polo Consello Regulador. En todas as entregas de uva deberá xuntar coa tarxeta co seu DNI.

A uva deberá recollerse co maior esmero polo vendedor en caixas de 20 quilos ao conseguir a madurez necesaria que considere o comprador, debendo contar exclusivamente uva sa, sen ningún defecto.

O técnico da correspondente adega comunicará ao vendedor as datas en que debe vendimar.

No caso de que a uva recollida non reúna as condicións pactadas o comprador esta obrigado a informar o vendedor nun prazo non inferior ás 24 horas.

O comprador, se na recepción da uva observa que esta non está en condicións de ser procesada, poderá proceder á descualificación da cantidade de produto que non estea nas condicións antes descritas. O comprador poderá retirar en báscula a uva en mal estado, u

Terceira.-As entregas faranse inmediatamente iniciada a recollida en función do grao alcohólico e da acidez.

Comprador e vendedor poranse de acordo para a subministración das caixas limpas precisas para efectuar a entrega.

Non se admitirán entregas en sacos ou outro tipo de envases.

Cuarta.-Prezo mínimo.

O prezo mínimo a pagar polo vendedor nas condicións que se estipularán neste mesmo contrato en función das castes autorizadas Godello, Mencía e das autorizadas Tempranillo, Souson, Merenzao ou Albarello non será inferior a 0,70 euros.

Prezo que se vai percibir: o prezo fixado para esta campaña será en función da calidade, con gradacións mínimas de 12º para as castes nobres e máximas de 13,5º.

Táboa para as castes nobres Godello e Mencía e resto de castes galegas admitidas.

Graduación baumé en mostoPrezo

120,70 euros

12.50,80 euros

130,90 euros

13.51 euros

Ao prezo resultante engadiráselle o IVE correspondente.

Quinta.-Especificacións técnicas.

As condicións de calidade de uva que se van a admitir serán impecables, en canto á sanidade vexetal, sen restos de praguicidas e con unha boa relación grao/acidez.

As acideces mínimas a tolerar serán de:

-6 gr/l en ácido tartárico para Godello.

-4.5 G/L en ácido tartárico para Mencía e resto de castes tintas.

Co fin de comprobar os rendementos o técnico visitará a viña semanalmente e poderá decidir cortar acios se os rendementos da viña non son os esperados e comprobará o grao alcohólico semanalmente.

Sexta.-O vendedor non poderá utilizar outros produtos fitosanitarios distintos dos autorizados tendo en conta non superar as doses.

Da mesma maneira non se recollerán uvas en que non se respecten os períodos de seguridade dos tratamentos antibotríticos ou as que conteñan restos de cobre de tratamentos da destempo.

Sétima.-Condicións de pagamento.

As cantidades monetarias resultantes do cumprimento deste contrato pagaranse nos prazos que se indican a continuación:

O 50% do prezo pagarase antes do 30 de xuño do ano seguinte á vendima e o 50% restante antes da seguinte vendima.

Oitava.-Duración do contrato.

A vixencia deste contrato comezará o día da súa sinatura e ten unha duración dun ano revisable ao seguinte ano natural.

Novena.-Comisión de seguimento.

Establecerase unha Comisión de Seguimento que gozará de personalidade xurídica, sen ánimo de lucro, que terá carácter representativo e composición paritaria entre as partes. Corresponderalle a esta o seguimento, vixilancia e control do contrato.

Para o cubrir o gasto de funcionamento das súas actividades, esta financiarase con achegas paritarias de 0,0001 euros por quilogramo contratado.

Aqueles anos en que se dean circunstancias anormais en relación ao cultivo da uva, poderanse establecer novos parámetros tendo presentes estas circunstancias.

Décima.-Indemnizacións.

Salvo os casos de forza maior demostrada, derivados de folgas, sinistros, situacións catastróficas ou adversidades climatolóxicas producidas por causas alleas á vontade das partes, circunstancias que deberán comunicarse dentro das setenta e dúas horas seguintes a producirse, o incumprimento deste contrato a efectos de entrega ou recepción da uva dará lugar a unha indemnización da parte responsable á parte afectada dun 25% do valor da produción estimada nesa campaña polas persoas designadas

con anterioridade, sempre que no dito incumprimento se aprecie a decidida vontade de desatender a obriga contraída, apreciación que poderá facerse pola correspondente Comisión de Seguimento, logo de comunicación, dentro dos sete días seguintes ao de se producir o incumprimento.

A consideración dunha situación de forza maior poderá ser constatada pola citada comisión, para o cal recibirá aviso da parte afectada dentro do mesmo prazo anteriormente establecido.

Décimo primeira.-Arbitraxe.

Calquera diferenza que puider xurdir entre as partes en relación coa interpretación ou execución este contrato e que non puider resolverse de mutuo acordo, ou pola Comisión de Seguimento á que se fai referencia na cláusula oitava, deberá someterse á arbitraxe regulada na Lei 60/2003, do 23 de decembro, coa especialidade prevista na Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios, consistente en que o árbitro ou árbitros serán nomeados pola Consellería do Medio Rural.

De conformidade con canto antecede, e para que conste para os fins procedentes, asínanse os preceptivos exemplares para os efectos oportunos no lugar e data expresados no encabezamento deste contrato.

Asdo. O/a vendedor/aAsdo. O/a comprador/a

Anexo do contrato:

Identificación de parcelas obxecto do contrato:

ConcelloLugarNome parcelaPolígonoParcela-subparcelaSuperficie ha-a-caVariedade