DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de setembro de 2006 pola que se homologa o contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño da denominación de orixe Ribeiro para a campaña 2006-2007.

Consonte coa proposta elevada pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, relativa á solicitude de homologación dun contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño na zona de produción da denominación de orixe Ribeiro, formulada polos representantes de Bodegas Cunqueiro, Bodegas Campante, Adegas Pazo do Mar, S.L., Asociación de Embotelladores do Ribeiro, Cooperativa Pazo Ribeiro, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego.

De conformidade co disposto na Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios, e de acordo cos requisitos previstos no Real decreto 686/2000, do 12 de maio, polo que se aproba o seu regulamento e co fin de que os solicitantes poidan dispoñer dun documento acreditativo da contratación de materia prima.

Tendo en conta que o ámbito de aplicación do contrato proposto non supera o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do artigo 149.3º da Constitución, que establece a supletoriedade do dereito estatal,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Homologar o contrato-tipo de compravenda de uva para a súa transformación en viño na zona de produción da denominación de orixe Ribeiro, cuxo texto figura no anexo desta disposición.

Artigo 2º

O período de vixencia da homologación deste contrato-tipo será de dous anos a partir da entrada en vigor desta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galiza.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Contrato de compravenda de uva para a súa transformación en viño

...., .... , de .... de 200....

Reunidos:

Dunha banda, D/Dna ...., de agora en diante o/a vendedor/a, con documento NIF/CIF nº ...., con enderezo en ...., concello de ...., provincia de ...., e que actúa en nome propio.

E doutra D/Dna ...., de agora en diante o/a comprador/a, con NIF/CIF nº ...., con enderezo en ...., concello de ...., provincia de ...., representado neste acto por D/Dna ...., con NIF nº ...., con capacidade para a formalización deste contrato en virtude de documento do .... de .... de 200.... no que adquire apoderamento da empresa, inscrito no Rexistro Mercantil de Ourense (datos de inscrición).

Recoñecéndose ambas as partes capacidade e lexitimación para formalizar este contrato, fano conforme as seguintes:

Estipulacións:

Primeira.-Obxecto do contrato.

A compravenda de uva das parcelas que se establecen como anexo a este contrato, que reúnan as seguintes condicións de calidade:

O produto obxecto deste contrato será recolectado polo vendedor ao alcanzar a madurez determinada polas seguintes características: color natural, bo sabor, textura firme, exento de oidium, mildeu, botrite e outras enfermidades e sabores estraños, conservando todas as cualidades organolépticas da res

pectiva variedade e posuíndo as propiedades fisicoquímicas que permitan obter viños coas características protexidas pola denominación de orixe. Admitiranse as seguintes tolerancias máximas en peso: 20%, froitos rotos ou magoados 20%, froitos con mofo 20%, froitos con defectos por calquera outra causa 20%, botrite 20%. A suma de defectos anteriormente citados combinados non superará o 10% da partida contratada.

A cantidade máxima será a correspondente ao rendemento máximo autorizado no regulamento da denominación de orixe.

De non cumprirse estas condicións, o/a comprador/a non estará obrigado a comprala.

Segundo.-Duración do contrato.

A vixencia do presente contrato comeza o día da súa sinatura e ten unha duración mínima de 2 anos, sendo revisable anualmente dentro do ano natural antes da floración.

Este poderá ser rescindido antes do 31 de xullo de cada ano, por mutuo acordo das partes. Esta cuestión será notificada nun prazo de 7 días á Comisión de Seguimento.

Terceira.-Especificacións técnicas.

O vendedor non poderá utilizar produtos fitosanitarios distintos dos autorizados, nin exceder as doses máximas recomendadas e respectando os prazos de seguridade de cada produto e a normativa ao respecto.

Cuarta.-Prezo.

Os prezos mínimos de referencia a pagar polo/a comprador/a serán os que a seguir se relacionan:

Columna nº 1:

Variedades brancas: uva treixadura, Albariño, Godello.

Variedades tintas: Caiño, Sousón, Brancellao, Ferrón.

Columna nº 2:

Outras variedades: Torrontes, Mencía, Tempranillo.

% Vol. (grao

potencial en uva)

A/kg

(sen IVE)

% Vol. (grao

potencial en uva)

A/kg

(sen IVE)

111,00110,75

11,11,0111,10,76

11,21,0211,20,77

11,31,0311,30,78

11,41,0411,40,79

11,51,0511,50,80

11,61,0611,60,81

11,71,0711,70,82

11,81,0811,80,83

11,91,0911,90,84

121,10120,85

% Vol. (grao

potencial en uva)

A/kg

(sen IVE)

% Vol. (grao

potencial en uva)

A/kg

(sen IVE)

12,11,1212,10,87

12,21,1412,20,89

12,31,1612,30,91

12,41,1812,40,93

12,51,2012,50,95

12,61,2212,60,97

12,71,2412,70,99

12,81,2612,81,01

12,91,2812,91,03

131,30131,05

Establécese un desconto de 0,03 euros por décima de grao entre as uvas de 11º e 10,5º; e de 0,04 euros entre 10,5º e 10º; para as uvas das variedades correspondentes á primeira columna.

Para as variedades correspondentes á segunda columna aplicaranse os mesmos descontos que na primeira, salvo que por baixo de 10,5º a variedade Torrontés pasa a cotizarse como o prezo de mercado da uva xenérica branca (palomino).

O prezo para a variedade Loureira Branca será o mesmo que para a variedade Albariño, pero a partir de 10,5º ( e non de 11º).

Sobre este prezo aplicarase, anualmente e de forma acumulativa, unha revisión con base no índice de prezos ao consumo, interanual publicado en agosto polo Instituto Nacional de Estatística no BOE.

Sobre o importe resultante do prezo mínimo, e o IPC aplicarase o imposto de valor engadido (IVE) correspondente para a realización da factura.

Quinta.-Condicións de pagamento.

As cantidades monetarias resultantes do cumprimento deste contrato pagaranse nos prazos que a seguir se indican:

-A cantidade total farase efectiva antes do 30 de xuño seguinte.

Sexta.-Recepción, control e imputabilidade de custos.

A cantidade de uva correspondente a este contrato será entregada na súa totalidade na adega ou nalgún dos puntos de recepción máis próximos ao das parcelas do/a vendedor/a, instalados ao efecto polo/a comprador/a.

O control da calidade e peso do froito efectuarase no momento da entrada na adega ou punto de recepción. Poderá estar presente, para efectos deste control, unha persoa habilitada para o efecto polo/a vendedor/a.

No caso de discrepancia entre as partes sobre as condicións de calidade do produto marcadas neste contrato recorrerase a un laboratorio designado polos interesados. Os gastos ocasionados correrán a cargo da parte que estivese errada na súa apreciación.

Sétima.-Comisión de Seguimento.

Establecerase unha Comisión de Seguimento que gozará de personalidade xurídica, sen ánimo de lucro, que terá carácter representativo e composición paritaria entre as partes. Corresponderalle a esta o seguimento, vixilancia e control do contrato.

Para cubrir o gasto de funcionamento das súas actividades, esta financiarase con achegas paritarias de 0,0001 euros por quilogramo contratado.

Aqueles anos en que se dean circunstancias anormais en relación ao cultivo da uva, poderanse establecer novos parámetros tendo presentes estas circunstancias.

Oitava.-Indemnizacións.

Salvo os casos de forza maior demostrada, derivados de folgas, sinistros, situacións catastróficas ou adversidades climatolóxicas producidas por causas alleas á vontade das partes, circunstancias que deberán comunicarse dentro das setenta e dúas horas seguintes a producirse, o incumprimento deste contrato a efectos de entrega ou recepción da uva dará lugar a unha indemnización da parte responsable á parte afectada dun 25% do valor da produción estimada nesa campaña polas persoas designadas con anterioridade, sempre que no dito incumprimento se aprecie a decidida vontade de desatender a obriga contraída, apreciación que poderá facerse

pola correspondente Comisión de Seguimento, logo de comunicación, dentro dos sete días seguintes ao de se producir o incumprimento.

A consideración dunha situación de forza maior poderá ser constatada pola citada comisión, para o cal recibirá aviso da parte afectada dentro do mesmo prazo anteriormente establecido.

Novena.-Arbitraxe.

Calquera diferenza que puider xurdir entre as partes en relación coa interpretación ou execución do presente contrato e que non puider resolverse de mutuo acordo, ou pola Comisión de Seguimento á que se fai referencia na cláusula oitava, deberá someterse á arbitraxe regulada na Lei 60/2003, do 23 de decembro, coa especialidade prevista na Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios, consistente en que o árbitro ou árbitros serán nomeados pola Consellería do Medio Rural.

De conformidade con canto antecede, e para que conste para os fins procedentes, asínanse os preceptivos exemplares para os efectos oportunos no lugar e data expresados no encabezamento deste contrato.

Asdo. O/a vendedor/aAsdo. O/a comprador/a

Anexo do contrato:

Identificación de parcelas obxecto do contrato:

ConcelloLugarNome parcelaPolígonoParcela-subparcelaSuperficie ha-a-caVariedade