DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de setembro de 2006 pola que se establecen as medidas necesarias para a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia, do programa de abandono voluntario e definitivo da produción leiteira para o período 2006-2007.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 186, do martes 26 de setembro de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14.517, no artigo 1º, punto 2, onde di: «O abandono afectará a totalidade da produción leiteira e o produtor deberá comprometerse na solicitude a facelo efectivo antes do día 12 de decembro de 2006.», debe dicir: «O abandono afectará a totalidade da produción leiteira e o produtor deberá comprometerse na solicitude a facelo efectivo antes do día 8 de decembro de 2006.».

Na páxina 14.518, no artigo 4º, alínea a), onde di: «-Fotocopia compulsada do DNI ou CIF do titular da cota», debe dicir: «-Fotocopia do DNI ou CIF do titular da cota».

Na páxina 14.518, no artigo 5º.1, onde di: «...se a solicitude de subvención non reúne os requisitos exixidos nesta orde para cada caso concreto, o concello será requirido para que, nun prazo de dez días...», debe dicir: «...se a solicitude de subvención non reúne os requisitos exixidos nesta orde para cada caso concreto, o solicitante será requirido para que, nun prazo de dez días...».