DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 170/2006, do 14 de setembro, polo que se acepta a doazón de dúas embarcacións feitas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia por parte da empresa Remolcadores Nosa Terra, S.A.

Con data do 1 de agosto de 2006, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos remitiu á Consellería de Economía e Facenda o expediente de doazón de dúas embarcacións propiedade de Remolcadores Nosa Terra, S.A.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo da solicitude da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requerirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que Remolcadores Nosa Terra, S.A. realizou a oferta de doazón e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar a doazón de dúas embarcacións feitas por Remolcadores Nosa Terra, S.A., e que se describen como segue:

1. Embarcación modelo Delta do 1995 con dous motores yamaha de 70 cv: nº de bastidor do motor de babor 486209, e do motor de estribor 486211.

2. Embarcación modelo Delta do 1995 con dous motores yamaha de 70 cv: nº de bastidor do motor de babor 486301, e do motor de estribor 486305.

Artigo 2º

Corresponderá á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos as facultades de administración, xestión e conservación das dúas embarcacións.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda