DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.740

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A.

ANUNCIO de concurso para a contratación das obras de urbanización, etapa C, do parque empresarial de Penapurreira, As Pontes de García Rodríguez.

Orzamento tipo: 5.202.870,42 euros (IVE incluído).

Proxecto e prego de bases: están dispoñibles nas oficinas de Xestur A Coruña, sitas na rolda de Nelle, 12-bis, 1º da Coruña (tlfno.: 981 15 14 64), das 10.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Prazo de presentación de ofertas: en man nas ditas oficinas, durante 20 días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de setembro de 2006.

María Rodríguez Gómez

Xerente de Xestur A Coruña, S.A.