DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO.

Convocatoria de concurso: contratación da colaboración e asistencia técnica para a prestación do servizo de recadación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 2006/33.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da colaboración e asistencia técnica que precise esta mancomunidade para a prestación do servizo de recadación aos concellos que dela forman parte e están adscritos ao servizo.

b) Lugar: sede do servizo de recadación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

c) Prazo do contrato: dous anos, sendo susceptible de prórroga anual de mutuo acordo, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 3.000 euros. Definitiva: 90.000 euros.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello, 1. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 46 00. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural (15 días naturais, desde o seguinte ao da publicación deste edicto no DOG e no BOP, se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ao siguiente día natural non festivo).

6. Requisitos do contratista: non se exixen.

7. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación o décimo quinto día natural (15 días naturais), desde o seguinte ao da publicación deste edicto no DOG e no BOP (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ao seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación do concurso convocado, presentaranse conforme o establecido na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 5).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata a sinatura do contrato.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ao do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12.00 horas.

9. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décima do prego de cláusulas administrativas particulares da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: asemblea da mancomunidade de data 20-9-2006.

c) Consulta de documentación: Secretaría da Mancomunidade.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 21 de setembro de 2006.

José Luis Suárez Conde

Presidente da Mancomunidade de Municipios

da Comarca de Verín