DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 24 de xullo de 2006, acordou aprobar inicialmente o proxecto de Plan especial en desenvolvemento da UEI nº 22 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vilagarcía de Arousa, promovido por Benito Dios Pomares e redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 2 de marzo de 2006.

De conformidade co establecido no artigo 86.1º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, o dito proxecto de plan especial estará exposto ao público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde-presidente