DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-401).

Por Resolución desta Alcaldía nº 4.116/2006 de data do 11 de setembro de 2006, acordouse aprobar inicialmente a derrogación do estudo de detalle parcelas nº 99 e 101 na rúa do Mar, en Breixo-Dorneda, presentado por José Linares López e Mª Luz Argiz Garza. Acordouse tamén proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 8.30 ás 13.00 horas, todos os días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, prazo no que se poderán presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de setembro de 2006.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente