DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia S-69/2006).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-69/2006.

2. Obxecto do contrato: subministración, instalación e posta en marcha da rede de vixilancia da contaminación acústica do Concello da Coruña. Prazo de entrega: máximo de 2 meses contados a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 44.000 A (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es e licitaciones*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data:

o quinto día hábil seguinte ao do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de setembro de 2006.

P.D.

Mª Nieves Vázquez Novo

Tenente alcalde delegada de Contratación