DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2006, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso para a contratación do soporte e implantación de aplicacións do ámbito de planificación sanitaria no Servizo Galego de Saúde e Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia (CPS059/06).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: CPS059/2006.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: soporte e implantación de aplicacións do ámbito de planificación sanitaria no Servizo Galego de Saúde e Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: ver prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 6 meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: cento vinte e dous mil setecentos dous euros con cincuenta e un céntimos de euro (122.702,51 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 17 ou 981 54 18 78.

e) Telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo V, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: empresas estranxeiras punto 5.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Ver punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas a.m. na sala 2.1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do décimo día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: punto 3.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2006.

Ana Fernández Pulpeiro

Directora xeral da División de Recursos

Económicos