DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2006, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, pola que se anuncia concurso de servizos, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria -plurianual-, para o servizo de xestión de residuos da clase III e IV xerados por este complexo hospitalario. (Ref. C. 154/2006).

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planta semisoto do Hotel de Doentes (anexo ao Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2.a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de servizos-plurianual.

c) Tramitación: ordinaria.

3.a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos produtos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos produtos por actividades): CNPA 9002 e 252215.

* Servizo de xestión de residuos da clase III e IV xerados polo Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-C. 154/2006.

Orzamento total: 938.879,18 A.

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes dos servizos requiridos: non existen lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5.a) Nome e enderezo do servizo onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ao Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectuar a dita solicitude: a mesma que reflicte o punto 6.a).

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obter os ditos documentos: ningún.

6.a) Data límite de recepción das propostas: 17-10-2006.

b) Enderezo ao que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

d) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7.a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planta soto do Hotel de Doentes (anexo ao Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías exixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do importe base de licitación do lote ou lotes adxudicados.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: mediante pagamentos parciais.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adoptar a unión de empresas adxudicataria da contratación: unión temporal de empresas.

11. Datos referentes a situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reunir o provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a sua oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes á clasificación dos residuos clase IV (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

15. Información complementaria: Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-2005.

17. Data de envío do anuncio: 11-9-2006.

18. Data da recepción do anuncio pola OPOCE (reservado á OPOCE).

A Coruña, 7 de setembro de 2006.

Luis Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo da Coruña