No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 134/2006 (procedemento abreviado) interposto por Carlos Manuel Fernández Fernández, José Eugenio Carrera Gómez, María Alicia Otero González, María José Torreira Queijeiro e Germán Orgueira García na súa condición de aspirantes incluídos nas listaxes de vinculacións temporais (Médico de Familia, A Coruña). Os recorrentes pre
tenden o incremento da puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2006.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional