DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2006, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de lenzaría de paciente para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 69/2006).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolve convocar o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: 69/2006.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de lenzaría de paciente.

b) Número de unidades que se van entregar: ver pregos.

c) División por lotes e número: ver pregos.

d) Lugar de entrega: almacén de subministracións.

e) Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servizo de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 303.587 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: ver pregos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Servizo de Contratación Administrativa.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 95 02 60.

e) Telefax: 981 95 09 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 36 días a partir da data do envío do anuncio do contrato á OPOCE. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: ver pregos.

12. Data de envío do anuncio ao DOCE (se é o caso): 8-9-2006.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: http://www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2006.

Jesús Caramés Bouzán

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela