DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2006, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material de papelaría, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 67/2006).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio) da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convocar o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración sucesiva de material de papelaría.

2. Orzamento estimado: 241.867,74 A (douscentos corenta e un mil oitocentos sesenta e sete euros, con setenta e catro céntimos), IVE incluído.

3. Garantía provisional.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Importe da garantía provisional por lotes: véxase punto 10.3 da folla de especificacións.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: dezaoito meses, desde a data da sinatura do contrato.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditación libre atendendo aos criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación: segundo o punto 11 da folla de especificacións.

9. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de contratación administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9.00 ata as 14.00 horas. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

10. Clasificación: non se exixe.

11. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

12. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán achegar os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2006.

Jesús Caramés Bouzán

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela