DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2006, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación do servizo de limpeza do centro de saúde de Muros (CP 3/2006).

A directora xerente da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das adminis

tracións públicas, resolve publicar a adxudicación da seguinte contratación:

Expediente: CP 3/2006.

Obxecto: servizo de limpeza do centro de saúde de Muros.

Lote: único.

Adxudicatario: Limpiezas Salgado, S.L.

Importe da adxudicación: 55.176 euros.

Duración do contrato: 2 anos.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2006.

Ana Isabel Castaño Carou

Directora xerente da Xerencia de Atención

Primaria