DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2006, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, de adquisición de equipamento electromédico con destino ao Hospital Xeral de Vigo. (SCS.-23/2006) (33 lotes).

1. Nome e enderezo do servizo: Servizo Galego de Saúde/Sergas-Servizo de Montaxe e Equipamento (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2º andar en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 981 54 27 62. Dirección internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Xeral de Vigo.

b) Natureza e cantidade dos produtos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico (33 lotes).

-Orzamento total: setecentos doce mil oitenta e cinco euros, IVE incluído (712.085 euros).

LOTEDESCRICIÓNIMPORTE

DOS LOTES

1EQUIPAMENTO ELECTROMÉDICO DIVERSOS SERVIZOS35.880

2DESFIBRILADOR38.400

3ELECTROCARDIÓGRAFO7.850

4FIBROENDOSCOPIOS NASOFARÍNXEOS45.500

5GUINDASTRE MOBILIZACIÓN DE DOENTES7.800

LOTEDESCRICIÓNIMPORTE

DOS LOTES

6EQUIPAMENTO REFRIXERACIÓN111.430

7EQUIPAMENTO HIDROTERAPIA9.100

8EQUIPAMENTO ELECTROTERAPIA22.425

9EQUIPAMENTO DE LASERTERAPIA10.000

10BAÑEIRA ELECTROGALVÁNICA14.500

11FÉRULA DE MOVEMENTO PASIVO7.800

12EQUIPAMENTO TERMOTERAPIA4.500

13MAGNETOTERAPIA8.800

14EQUIPAMENTO ESTUDO VESTIBULAR63.600

15EQUIPAMENTO ENDOSCOPIA CONSULTA ORL34.400

16TRITURADORA DE CUÑAS4.600

17CABINA DE AUDIOMETRÍA7.800

18CONSOLA PARA CONSULTA ORL58.750

19MICROSCOPIO CONSULTA ORL48.000

20RINÓMETRO ACÚSTICO8.800

21MONITOR DE PARÁMETROS FISIOLÓXICOS BÁSICO33.000

22EQUIPAMENTO ORL18.600

23RESPIRADOR BIPAP14.000

24RESPIRADOR DE TRANSPORTE12.000

25LAVACUÑAS DESINFECTADOR5.900

26ÁREA DE TRABALLO LABORATORIO FIV26.450

27ECÓGRAFO35.000

28INCUBADOR DE CO DE ATMOSFERA CONTROLADA8.200

29LÁMPADA TIPO CIRÚRXICA8.000

30MESA TIPO CIRÚRXICA11.000

31MICROSCOPIO INVERTIDO ICSI39.000

32SISTEMA DE ANESTESIA36.000

33INCUBADORA DE TRANSPORTE15.000

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

4. Prazo de entrega máximo da subministración desde o envío da folla do pedido: lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 15, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 28, 31, 32 e 33 máximo 30 días naturais; lote 7, 10, 16, 25, 26, 27, 29, e 30 máximo 45 días naturais.

5. a) Nome e enderezo do servizo ao que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 9-10-2006.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 16-10-2006.

b) Documentación que hai que presentar: ver punto 5.3 do prego tipo de cláusulas administrativas.

c) Enderezo ao que deben dirixirse: ver punto 1.

d) Lingua ou linguas en que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías exixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, contados desde a data de apertura das ofertas.

13. Criterios que seguirán para adxudicar o contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes (oferta base máis dúas variantes).

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: S192/ do 5 de outubro de 2005.

17. Data do envío do anuncio: 8-9-2006.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2006.

P.D. (Resolución 26-7-2006)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Subdirector xeral de Orzamentos