DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2006, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, de adquisición de respiradores con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS.-26/2006) (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servizo: Servizo Galego de Saúde/Sergas-Servizo de Montaxe e Equipamento (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2º andar en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax 981 54 27 62. Enderezo internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos produtos que se deban subministrar: adquisición de respiradores (7 lotes).

-Orzamento total: dous millóns cento cinco mil euros IVE incluído (2.105.000 euros).

LOTEDESCRICIÓNIMPORTE

DOS LOTES

1RESPIRADOR CPAP15.000

2RESPIRADOR BIPAP711.000

3RESPIRADOR VOLUMÉTRICO860.000

4RESPIRADOR DE TRANSPORTE UCI90.000

5RESPIRADOR DE TRANSPORTE URXENCIAS48.000

6RESPIRADOR BIPAP161.000

7RESPIRADOR NEONATAL220.000

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

4. Prazo de entrega máximo da subministración desde o envío da folla do pedido: máximo 30 días naturais.

5.a) Nome e enderezo do servizo ao que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 9-10-2006.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 16-10-2006.

b) Documentación que hai que presentar: ver punto 5.3 do prego tipo de cláusulas administrativas.

c) Enderezo ao que deben dirixirse: ver punto 1.

d) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) A data, a hora e o lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías exixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, contados desde a data de apertura das ofertas.

13. Criterios que seguirán para adxudicar o contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes (oferta base máis dúas variantes).

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: S192/ do 5 de outubro de 2005.

17. Data de envío do anuncio: 8-9-2006.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 31 de agosto 2006.

P.D. (Resolución 26-7-2006)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Subdirector xeral de Orzamentos