DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2006 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da licitación da obra de construción de 384 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia (Vigo). (Expediente PO-2004/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción de 384 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia (Vigo).

b) Prazo de execución: 30 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e cinco millóns setecentos vinte e cinco mil catrocentos noventa e cinco euros con corenta e tres céntimos (35.725.495,43 A), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento base de licitación (714.509,91 A).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e técnica conforme o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

7. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse, durante o prazo de presentación de proposicións, no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

-Copistaría Copy Nino.

Enderezo: rúa general Pardiñas, nº 2, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 58 89 38.

-Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7182

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas

administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23-10-2006.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Data: 3-11-2006.

Hora: ás 10.00 horas.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo