DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2006 pola que se fai pública a adxudicación do contrato administrativo que se cita.

O presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle

confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente, resolveu adxudicar a seguinte licitación pública:

a) Consultaría e asistencia.

Entidade adxudicadora: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Tipo de contrato: administrativo de consultaría e asistencia.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

-Título: asistencia técnica á dirección de explotación de obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Clave: AT/154.

Data de licitación: DOG nº 72, do 12 de abril de 2006; BOE nº 86, do 11 de abril de 2006 e DOUE nº S71, do 12 de abril de 2006.

Orzamento base de licitación: 374.674,68 euros.

Adxudicatario: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A.

Nacionalidade: española.

Orzamento de adxudicación: 279.462,42 euros.

Data de adxudicación: 9 de agosto de 2006.

b) Outras informacións.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase esta resolución, advertíndose que pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta, de acordo co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2006.

José Luis Romero Valeiras

Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos