DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2006 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración que ten por obxecto a adquisición de catro vehículos. (Expediente CV007-06).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración que ten por obxecto a adquisición de catro vehículos.

Lote nº 1: un vehículo grupo B.

Lote nº 2: tres vehículos grupo D-1.

b) Lugar e prazo de entrega: descrito na cláusula 3 e 13 do PCA, respectivamente.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e nove mil euros (69.000 euros), IVE incluído.

Lote nº 1: 27.000 euros.

Lote nº 2: 42.000 euros.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e técnica conforme o establecido nos pregos.

6. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central da Consellería de Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

-Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7168

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos Servizos Centrais da Consellería de Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

8. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salon de actos da sede dos servizos centrais da Consellería de Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas do décimo (10) día natural contado a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2006.

P.D. (Orde 22-9-2005)

Rosa Losada Suárez

Secretaria xeral da Consellería de Vivenda e Solo