DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador INC-OU-296/06-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de incendios forestais, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

Nomease instrutor do procedemento a Manuel Pérez González podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da devandita lei.

O órgano competente para a resolución do procedemento é o delegado provincial de acordo co disposto no artigo 30.2º a) do Decreto 105/2006, do 22 de xuño (DOG do 30 de xuño).

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución é de seis meses contados desde a data deste acordo de iniciación (artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, en relación co artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días para que poida examinar o expediente na delegación provincial da Consellería do Medio Rural en Ourense, r/ Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo, e formular as alegacións que considere convenientes, de conformidade co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993 (citado), coa advertencia de que, de non efectuar alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución (artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993).

Ourense, 8 de setembro de 2006.

Xosé Rodríguez Cid

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: INC-OU-296/2006-V.

Denunciado: Segundo Heras de Domingo, DNI 1512930-Q.

Último enderezo coñecido: r/ Secundino Esnaola, nº 10-4º C. San Sebastián (Guipúzcoa).

Feito denunciado: queima sen autorización.

Data do acordo de incoación: 26-7-2006.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 67 e) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Precepto sancionador: artigo 74 a) da citada Lei 43/2003, en relación co artigo 68.3º.

Sanción: 300 euros.