De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de montes, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.
Noméase instrutor do procedemento a Manuel Pérez González e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da devandita lei.
O órgano competente para a resolución do procedemento é o delegado provincial de acordo co disposto no artigo 30.2º a) do Decreto 105/2006, do 22 de xuño (DOG do 30 de xuño).
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución é de seis meses contados desde a data deste acordo de iniciación (artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, en relación co artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro).
Concédeselle ao interesado un prazo de quince días para que poida examinar o expediente na Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural en Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo, e formular as alegacións que coide convenientes, de conformidade co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993 (citado), coa advertencia de que, de non efectuar alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución (artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993).
Ourense, 5 de setembro de 2006.
Xosé Rodríguez Cid
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: MON-OU-94/2006-V.
Denunciado: Manuel Martínez Pérez (DNI: 76714520).
Último enderezo coñecido: Pidre-Xinzo de Limia (Ourense).
Feito denunciado: corta de 50 carballos sen autorización administrativa.
Data do acordo de incoación: 12-7-2006.
Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 67 h) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Precepto sancionador: artigo 74 a) da citada Lei 43/2003, en relación co artigo 68.3º.
Sanción: 100 euros.