DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador MON-OU-90/06-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de montes, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

Noméase instrutor do procedemento a Manuel Pérez González e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da devandita lei.

O órgano competente para a resolución do procedemento é o delegado provincial de acordo co disposto no artigo 30.2º a) do Decreto 105/2006, do 22 de xuño (DOG do 30 de xuño).

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución é de seis meses contados desde a data deste acordo de iniciación (artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, en relación co artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días para que poida examinar o expediente na Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural en Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo, e formular as alegacións que coide convenientes, de conformidade co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993 (citado), coa advertencia de que, de non efectuar alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución (artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993).

Ourense, 5 de setembro de 2006.

Xosé Rodríguez Cid

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: MON-OU-90/2006-V.

Denunciado: Manuel Vázquez González.

Último enderezo coñecido: San Paio-Celanova (Ourense).

Feito denunciado: corta de carballos sen autorización administrativa.

Data do acordo de incoación: 12-7-2006.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 67 h) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Precepto sancionador: artigo 74 a) da citada Lei 43/2003, en relación co artigo 68.3º.

Sanción: 100 euros.