DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/560-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: cño. Gondar 5, 36612 Catoira.

Denominación: reforma L.M.T. de C.T. Dimo a C.T. Coaxe.

Situación: concello de Catoira.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 1.279 m de lonxitude, con orixe no C.T. Dimo e final no C.T. Coaxe. A instalación está situada nos lugares do Dimo e Coaxe, concello de Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, rúa Eduardo Pondal 64, 36071 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de setembro de 2006.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra