DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación eléctrica O Pedrido 132/66/15 kV, no termo municipal de Bergondo (A Coruña). (Expediente: 6393 ampliación 2006).

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O 27 de febreiro de 2006 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación

do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122º e 123º do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Ampliación da subestación eléctrica O Pedrido 132/66/15 kV, implantando a seguinte paramenta:

Nivel de 66 kV:

-Un transformador de potencia 66/15 kV doe 25 MVA en substitución dos dous transformadores de 66/15 kV de 14 MVA/u, instalando 3 transformadores de intensidade e 3 autoválvulas.

Nivel de 15 kV:

-3 transformadores de intensidade.

-Sistema de control, protección e medida. Concello de Bergondo.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de información pública mediante Resolución do 15 de marzo de 2006, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26-4-2006, no BOP da Coruña do 3-4-2006 e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de ser o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 211/2005, do 3 de agosto, e Decreto 232/2005, do 11 de agosto, nos cales se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta (Diario Oficial de Galicia nº 149 e 155, do 4 e do 12 de agosto, respectivamente), Decreto 552/2005, do 20 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 214, do 8 de novembro), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, Decreto 36/2001, de 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decem

bro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no regulamento de liñas eléctricas de alta tensión, aprobado polo Decreto 3151/1968, do 28 de novembro e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para os efectos cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a ampliación da subestación O Pedrido 132/66/15 kV, no termo municipal de Bergondo (A Coruña).

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas