DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/222-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal 44, 36000 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. edificio Belesar.

Situación: concello de Mondariz Balneario.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 25 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. de distribución de Mondariz Balneario, entre a L.M.T. Ponteareas-Mondariz e o C.T. Xabriña, e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado no edificio Belesar, na rúa Ramón Peinador de Mondariz Balneario.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 18 de agosto de 2006.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra