DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/140-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32000 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Murillo.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 180 m, en condutor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. do C.T. Velázquez e remate no C.T. proxectado non prefabricado na rConsellería de r/ Murillo, de 400 kVA, R/T 20.000/400-230 V; despois de entrar e saír no C.T. proxectado a L.M.T. subterránea rematará na liña subterránea ao C.T. Francisco Lloréns.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Ourense, 16 de agosto de 2006.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións