DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/125-2, 6751 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sea, S.L.

Domicilio social: pol. As Fontiñas, Área Central 1º andar, 15703 Santiago de Compostela.

Denominación: electrificación e iluminación do P.E. de Mondoñedo.

Situación: Mondoñedo.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nun apoio proxectado nun extremo da parcela e final no C.T. proxectado, cunha lonxitude de 270 m en condutor R.H.Z.-150, instalado baixo tubo.

-C.T. prefabricado, cunha potencia de 2x630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-R.B.T.A. con orixe no C.T. proxectado en condutor R.Z. tensado sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 786 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de xullo de 2006.

Ramón Jesús Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo