DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/119-2, 6752 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Construcciones Sergio Fdez., S.L.

Domicilio social: rolda Xosé Castiñeiras 15, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. para edificio en r/ Ourense, nº 41.

Situación: Lugo.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a C.T. r/ Ourense 41, a 20 kV con orixe no C.T. existente Tui 34, tamén se tende unha liña desde o C.T. Tui para deixar anelado o C.T. r/ Ourense, 41, en condutor R.H.Z.-240.

-C.T. non prefabricado cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-R.B.T.S. do C.T. r/ Ourense 41, con orixe no C.T. proxectado, en condutor R.V.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de xullo de 2006.

Ramón Jesús Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo