DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 4 de agosto de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/287).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T. Portela da Agra-Caldebarcos.

Situación: Carnota.

Características técnicas: intercalación dun novo apoio nº 96 bis, na liña media tensión aérea (L.M.T.A.) existente a 20 kV POT 804 Muros, entre os apoios nº 96 e 97 de lonxitude 0,127 km, con condutor tipo LA-110.

Liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, con condutor R.H.V. 12/20 kV 3 (1x150 Al), cunha lonxitude de 0,525 km, con orixe no apoio nº 96 bis proxectado e final no C.T. prefabricado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, de potenica 250 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV. Concello de Carnota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de agosto de 2006.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña