DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 4 de agosto de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 05/584).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. rúa Gerona-edificio Figueiras, nº 1.

Situación: Carballo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 50 m, con orixe en L.M.T. CBL-701, tramo entre C.T. Luis Calvo Sanz e C.T. rúa Gerona, con condutor tipo R.H.Z.1 e final no C.T. rúa Gerona-edificio Figueiras, nº 1 (proxectado).

Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, de 400 kVA, con relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de agosto de 2006.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña