DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2006 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta, as obras de cuberta de terraza no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, A Coruña e outra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: cuberta de terraza no CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

d) Importe total: 164.849,40 A.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 3 e 9, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2.a) Descrición do obxecto: cubrición de pista polideportiva no IES Eduardo Blanco Amor.

b) Lugar de execución: Culleredo.

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

d) Importe total: 256.992,21 A.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2, 3 e 9, categoría e.

f) Garantía provisional: exímese.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (unidade técnica).

b) Domicilio: praza de Luís Seoane, s/n, 7º andar.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

d) Teléfonos: 981 18 47 45 e 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se este cadra en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo de Monelos.

-Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n, 7º andar.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ao día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12.00 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 11 de setembro de 2006.

Pedro Armas Diéguez

Delegado provincial da Coruña