DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CÉDULA do 25 de agosto de 2006, do Servizo Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente XC-00010-O-2006 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas polo delegado provincial da CPTOPT da Coruña, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390002, e, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados denunciados e en cumprimento do disposto

no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 25 de agosto de 2006.

Manuel Grande Grande

Xefe do Servizo Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00010-O-2006

B-5251-PM

G.C. de Tráfico

Zoila Cahuasqui Anrango

Víctor Velasco, H-1 2º D

15175 Carral A Coruña

Circular transportando o material indicado nun transporte privado en vehículo lixeiro, carecendo de autorización. Transporta roupa para a venda no mercadiño.

10-12-2005; 8.40; N-651; 20,800

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

XC-00046-O-2006

LU-6625-K

G.C. de Tráfico

Madeiras Brandía, S.L.

Sedofeito - San Xusto, s/n 15214 Lousame, A Coruña

Circular transportando 120 palets e 600 caixas de madeira para o peixe, amparado nunha autorización de transporte caducada desde o 31-3-2005.

27-12-2005; 18.05; VRG-1.1; 39.000

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

XC-00093-O-2006

2936-DCB

G.C. de Tráfico

Flores Principado, C.B.

Hevia - Pumarín, 3

33187 Siero, Asturias

Transportar 800 kg de prantas (tuias), carecendo de autorización de transportes en vigor. Posúe tarxeta nº 11027715-1 MPC válida ata o 30-9-2005.

11-1-2006; 16.50; AP-9; 16,000

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

XC-00150-O-2006

M-6756-WT

G.C. de Tráfico

Jujosag Dos Mil de Alimentación, S.L.

Avda. de Santiago, 76

15830 Negreira, A Coruña

Realizar transporte privado complementario en vehículo lixeiro, carecendo de autorización administrativa (tarxeta de transportes). Presenta tarxeta da clase MPC caducada o 30-6-2005 e un fax borroso con data de entrada 1-9-2005 solicitando renovación.

Transporta produtos de alimentación, albará 07/000043/A.

26-1-2006; 18.45; AC-404; 14.900

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

XC-01477-O-2005

C-8574-BW

G.C. de Tráfico

Benito Campoy García

Trav. de Arteixo, 285 A 1º

15142 Arteixo, A Coruña

Circular transportando flores, carecendo de autorización, realiza o transporte nun vehículo lixeiro.

12-11-2005; 13.00; AC-552; 8,000

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros