DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de contratación da subministración e instalación de mobiliario urbano -marquesiñas de segundo nivel- pola Dirección Xeral de Transportes, para as áreas de transporte metropolitano de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.

1. Entidade licitadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración e instalación de mobiliario urbano -marquesiñas de segundo nivel- pola Dirección Xeral de Transportes da CPTOPT, para as áreas de transporte metropolitano de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.

b) Prazo de execución: véxase cadro de características.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 239.850 A.

d) Garantías:

Provisional: non se require.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

e) Requisitos específicos do contratista: a solvencia do contratista é a indicada no cadro de características (cláusula 2.2.2).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen as contratacións e os seus cadros de características poderanse consultar en:

a) Entidade: nos servizos centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPT.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderán recoller o pregos de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características na páxina da internet:

www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7037

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil, trasladarase ao seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: rúa San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Fax: 981 54 45 29.

6. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12.00 horas do sétimo día hábil contado a partir do día seguinte ao da data límite de presentación

de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ao seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios ata un importe máximo de 6.000 A.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Transportes