DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de execución, polo procedemento aberto, da obra que se cita.

1. Entidade licitadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de execución do novo acceso á estación de autobuses de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 61.723,44 euros.

d) Garantías:

Provisional: non se require.

Definitiva: 4% do importe de licitación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Non se exixe clasificación.

Para os efectos de xustificar a solvencia técnica e financeira a clasificación é:

Clasificación: grupo G; subgrupo 4; categoría c).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen as contratacións, os seus cadros de características e anteproxectos poderanse consultar en:

a) Entidade: nos servizos centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPT; a indicada documentación así como o proxecto de execución da obra poderá ser recollida nos seguintes enderezos: Nino, Centro de impresión dixital, r/ Xeneral Pardiñas nº 2, Santiago de Compostela; CP 15706; teléfono 981 58 89 38.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén poderanse recoller os pregos de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características na páxina da internet:

www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=6686.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ao seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Fax: 981 54 45 29.

6. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12.00 horas do sétimo día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ao seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

Luís Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Transportes