DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de setembro de 2006, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se dá a coñecer a poxa pública dos bens/dereitos que se citan.

O día 19 de outubro de 2006, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

LoteDescriciónValorCargasTipo 1ªTramos

1Predio rústico a labradío e monte Vilar do Fondo, sito en Rarís, concello de Teo. Predio número 8699 do Rexistro da Propiedade de Padrón, número 500 de concentración parcelaria, predio catastral 15053B510005000000SP, dunha superficie de 46 áreas e 90 centiáreas.12.663012.6631.000

2Furgón Fiat Scudo 1.9 D, matrícula C-3698-BX.3.77003.770100

3Ciclomotor Derbi, GPR 50, data primeira matriculación 30-10-1995, matrícula C-2349-BCY.102010250

4Predio rústico a labradío no lugar do Pedregal, concello de Porto do Son, de 2.820 metros cadrados. Predio 8423 do Rexistro da Propiedade de Noia, referencia catastral 15702A501006200000OR.18.81627.8861.611,381.000

5Vivenda sita na planta terceira do número 10 da rúa Santa Catalina da cidade da Coruña, de 84 metros cadrados de superficie útil. Predio 67681 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.158.1300158.1301.000

6Predio rústico no lugar de Canceliña, concello de Coristanco, de 1.093 metros cadrados. Predio 13577 do Rexistro da Propiedade de Carballo, identificada no catastro como 1509A02800270000DY.1.65001.650100

7Predio a labradío sito no lugar de Broño, na parroquia de Maianca, concello de Oleiros, cunha superficie de 690 metros cadrados. Predio 36028 do Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, predio catastral 5420914NJ5051N0001OR.105.4250105.4251.000

8Predio a soar sito no lugar de Longueiral de Elviña, concello da Coruña, cunha superficie de 93,35 metros cadrados. Predio 82623 do Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña.97.363,962.31195.052,961.000

9Furgoneta Mercedes Benz, modelo MB120, matrícula C-2795-AP.5600560100

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están a disposición dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20% do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1º do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndoselle presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 11 de setembro de 2006.

Dolores Rodríguez González

Delegada territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES