DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2006 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite urxente, para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da obra de reforma e adaptación da Residencia de Maiores As Gándaras (Lugo).

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspon

dentes, resolve anunciar o concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.

c) Número de expediente: 61/2006.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da obra de reforma e adaptación da Residencia de Maiores As Gándaras (Lugo).

Descrición do obxecto:

a) Lugar de execución: As Gándaras (Lugo).

b) Prazo de execución:

-Redacción de proxecto: 60 días.

-Dirección facultativa: o prazo será o que resulte da oferta adxudicataria das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Redacción de proxecto: 43.429,39 A.

Dirección de obra: 15.683,38 A.

Importe total: 59.112,77 A.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (4% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

-Información de índole administrativa: 981 54 46 80.

-Información de índole técnica: 981 54 72 43.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=7176.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: acreditación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional segundo o establecido na cláusula 6.2.f do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no rexistro de contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

2º Rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no suposto de que o derradeiro día de presentación das proposicións coincida en sábado.

3º Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

4º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 9.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2006.

P.D. (Orde 19-9-2005)

Antonio Losada Trabada

Secretario xeral e de Relacións Institucionais