DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.706

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (80/2004).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 80/2004 por instancia de Sergy Rykunov contra o Instituto Social da Mariña e outros sobre incapacidade, nos que recaeu sentenza con data do 27 de xullo de 2006 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que desestimando a demanda formulada por Sergy Rukunov absolvo desta os demandados Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Cyclops, Pesquería Vinagre, S.L. e AXA Aurora Ibérica, S.A. de Seguros y Reaseguros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa DTT Noroeste e Alice Navegation LTD, expido e asino a presente cédula na Coruña o 1 de setembro de 2006.

O secretario xudicial

Rubricado