DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.705

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de xuño de 2006 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo deste organismo, polo sistema de acceso libre.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 184, do venres 22 de setembro de 2006, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 14.438, punto 5.1, engádese:

5.1.2. Desde a data do anuncio de publicación das notas do último exercicio da fase de oposición, os aspirantes disporán dun prazo de 20 días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso.