DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.704

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2006, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), pola que se dá publicidade a diversos acordos do proceso selectivo convocado por Orde do 1 de decembro de 2005.

En sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2006, o tribunal designado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de abril de 2006, modificada pola Orde do 1 de setembro (DOG nº 173, do 7 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 1 de decembro de 2005 (DOG nº 239, do 15 de decembro), e de conformidade co establecido na dita orde de convocatoria:

ACORDOU:

Primeiro.-Rectificar de oficio, de acordo co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, a resposta correcta á pregunta número 8, pasando a ser a C en lugar da B que consta no cadro de respostas correctas publicado.

Segundo.-Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro.-De conformidade co disposto na base II.1.2. da convocatoria, superaron o 2º exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos, fixándose en corenta (40) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Cuarto.-Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), no pavillón número 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas delegacións provinciais da mencionada consellería, no Servizo de Información Administrativa e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

De acordo coa base II.1.2 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no pra

zo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

Ramón del Valle López

Presidente do tribunal