DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.703

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2006, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado pola Orde do 1 de decembro de 2005 (Diario Oficial de Galicia número 239, do 15 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2006, o tribunal designado pola Orde do 4 de abril de 2006, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo se realice o día 29 de outubro de 2006, no pavillón nº 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio, o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o aspirante para

auxiliarse na realización do exercicio. Tampouco existirá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal