DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.694

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 169/2006, do 28 de setembro, polo que se nomea delegado territorial de Lugo a José Ramón Val Alonso.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de setembro de dous mil seis,

Nomeo delegado territorial de Lugo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos a José Ramón Val Alonso.

Santiago de Compostela, vinte e oito de setembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Mª del Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos