DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.692

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 18 de setembro de 2006 pola que se dispón a renovación de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón

que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta recibida do ente público Portos do Estado, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Renovar o nomeamento de Juan Antonio Sardina Páramo como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes