DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 29 de setembro de 2006 Páx. 14.692

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 21 de setembro de 2006 pola que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas as propostas da Confederación Provincial de Empresarios da Coruña e da Asociación Provincial de Consignatarios e Estibadores, e en exercicio da facultade que me foi atri-

buída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, agradecéndolles os servizos prestados:

En representación da Confederación Provincial de Empresarios da Coruña:

-Gonzalo Antón Miranda.

-Francisco Javier Santiáñez Orero.

En representación da Asociación Provincial de Consignatarios e Estibadores:

-Santiago Pérez Torres.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES