DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A.

ANUNCIO de concurso para a contratación das obras de urbanización, 2ª fase, do parque empresarial de Arzúa.

Orzamento tipo: 1.656.117,09 euros (IVE incluído).

Proxecto e prego de bases: están dispoñibles nas oficinas Xestur, A Coruña, sitas na rolda de Nelle, 12-bis, 1º da Coruña (tfno. 981 15 14 64) das 10.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Prazo de presentación de ofertas: en man nas ditas oficinas, durante 20 días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

O custo dos anuncios serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de setembro de 2006.

María Rodríguez Gómez

Xerente