DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE BIÓLOGOS DE GALICIA

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

En virtude da disposición transitoria do Decreto 237/2003, do 27 de marzo, da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, convócase a asemblea constituínte que terá lugar o vindeiro venres día 20 de outubro de 2006, no salón de graos de Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur), ás 18.30 horas en primeira convocatoria e, de ser preciso, ás 19.00 horas en segunda. A asemblea xeral constituínte convócase coa seguinte orde do día:

1. Ratificación do membros da Xunta de Goberno en funcións para que se encarguen da dirección da asemblea ou, de ser o caso, elección doutros.

2. Aprobación, se procede, da proposta de estatutos elaborada pola Xunta de Goberno en funcións do colexio e aprobada na súa reunión do 23 de xuño de 2006.

3. Elección dos membros da Xunta de Goberno.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2006.

Mª Cristina Soto Mirás

Secretaria en funcións

Visto e prace

Mª Mercedes Casal Jiménez

Presidenta en funcións

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A