DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.682

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO.

Anúnciase a convocatoria pública dos seguintes postos para a contratación indefinida do seu cadro de persoal, de acordo coas seguintes bases:

* Facultativo especialista 10 prazas (Ref.: MED).

(Resérvase 1 praza para ser cuberta entre as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%).

Requisitos mínimos: licenciado en medicina e cirurxía e especialista vía MIR ou no seu defecto certificado de acreditación de estar habilitado para desenvolver as funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde Español, así como nos sistemas públicos de Seguridade Social dos demais estados membros da Unión Europea.

Bases da convocatoria:

1. Presentación de solicitudes:

O prazo para presentar as solicitudes remata o 18 de outubro de 2006. Os interesados deberán enviar a solicitude á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 Praza Martín Herrera nº 2-2º andar 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), indicando a referencia que corresponda. O modelo de solicitude atópase publicado na páxina web da fundación http://061.sergas.es e pode recollerse no rexistro da fundación.

Xunto coa solicitude, deberán achegar curriculum vitae, certificados de servizos prestados, diplomas acreditativos de cursos, título mínimo exixido, expediente académico e xustificante de ter realizado o ingreso das taxas de inscrición na convocatoria. Os méritos achegados deberán acreditarse con orixinais ou fotocopias compulsadas.

Os interesados deberán ingresar na conta 0128/9406/13/0100000297 a cantidade de 38,20 euros, en concepto de taxas de inscrición na convocatoria para a selección de persoal, segundo o disposto na Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006, que actualiza as tarifas contidas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Composición das comisións de selección:

Publícanse o mesmo día da publicación en DOG da convocatoria, nos taboleiros de anuncios de todos os centros de traballo da fundación, nas delegacións provinciais de Sanidade, na Secretaría do Sergas e na páxina web http://061.sergas.es

As comisións de selección poderán dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especializados para as probas correspondentes aos exercicios que consideren pertinentes, limitándose estes a colaborar nas súas especialidades técnicas. Os ditos asesores serán nomeados pola dirección da fundación, por proposta das comisións de selección, mediante publicación nos lugares detallados no parágrafo anterior.

3. Temarios:

Publícanse o mesmo día da publicación en DOG da convocatoria, nos taboleiros de anuncios de todos os centros de traballo da fundación, nas delegacións provinciais de Sanidade, na Secretaría do Sergas e na página web http://061.sergas.es

4. Normativa aplicable:

O proceso de selección realizarase de acordo co disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas en que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, no II convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas e as seguintes bases tras a negociación co comité de empresa.

5. Fases do proceso:

A. Fase de selección: 100 puntos.

Probas:

1º exercicio (eliminatorio):

* Facultativo especialista: a proba teórico-práctica consistirá en:

1. Unha proba teórica tipo test cuxo peso será do 60% dentro da proba teórico-práctica, de 100 preguntas cunha única reposta correcta, haberá 10 preguntas máis de reserva.

2. Unha proba práctica cuxo peso será do 40% dentro da proba teórico-práctica, que consistirá nunha simulación dun caso clínico.

-As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán ningunha valoración e as contestadas erroneamente serán puntuadas negativamente a razón dun 25% da puntuación que corresponda a cada pregunta correcta.

-As probas serán eliminatorias sendo necesario que os aspirantes acaden unha puntuación do 50% da puntuación máxima.

-A puntuación obtida nunha das partes non poderá ser utilizada para superar a outra.

2º Exercicio (eliminatorio):

Proba de galego; a proba constará de 20 preguntas tipo test cunha única resposta correcta. A consideración de apto ou non apto acadarase co 50% das preguntas correctas.

Quedarán exentos de realizar esta proba aqueles candidatos que acrediten no momento de presentar a instancia á convocatoria a posesión do curso de perfeccionamento galego ou estudos equivalentes, segundo a normativa vixente de homologación pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

B. Fase de concurso: 30 puntos

Baremo de méritos:

Facultativo especialista. Grupo 1 de convenio.

Requisitos mínimos: licenciado en medicina e cirurxía e especialista vía MIR ou, no seu defecto, certificado de acreditación de estar habilitado para desenvolver as funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde Español, así como nos sistemas públicos de Seguridade Social dos demais estados membros da Unión Europea.

1. Formación especializada, continuada e outros méritos (35 puntos):

1.1. Especialidade/outras actividades (25 puntos).

a) Especialidade en médico de familia e comunitaria, anestesia ou UCI vía MIR: 25 puntos.

b) Outras especialidades vía MIR en cuxo programa de formación MIR inclúan realización de gardas en urxencias polo menos un ano: 19 puntos.

c) Especialistas por outras vías: 8 puntos.

1.2. Cursos (8 puntos).

* Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos e Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ou avalados en debida forma polos organismos competentes, sem

pre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do posto de traballo a desenvolver, a razón de 0.10 puntos por cada crédito ou 0.01 puntos por cada hora. Valóranse os cursos cunha duración igual ou superior ás 20 horas. A acreditación dos cursos deberá conter a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e a localidade onde foi impartido.

1.3. Doutoramento (2 puntos).

* Tese ou exame de grao: 0,5 puntos.

* Suficiencia investigadora ou cursos de doutoramento completos: 1 punto.

* Grao de doutor: 2 puntos.

2. Experiencia profesional (55 puntos):

* Por cada mes completo de servizos prestados como médico de urxencias hospitalarias e extrahospitalarias en institucións sanitarias dependentes do Sergas, noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,65 puntos.

* Por cada mes completo de servizos prestados noutras categorías médicas en institucións sanitarias dependentes do Sergas, noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,43 puntos.

* Por cada mes completo de servizos prestados como médico de urxencias hospitalarias nunha institución sanitaria privada ou organización non gobernamental: 0,22 puntos.

* Por cada mes completo de servizos prestados noutras categorías médicas en institucións sanitarias privadas ou organización non gobernamental: 0,11 puntos.

Será necesario remitir orixinal da certificación de servizos prestados ou, no seu defecto, copia compulsada dos contratos xunto coa certificación de vida laboral.

3. Outras actividades (10 puntos):

-Por impartir docencia na correspondente categoría en escolas oficiais dos servizos de saúde ou das administracións públicas: 0.1 punto/hora.

-Por cada publicación, relatorio ou comunicación publicadas ou presentadas sobre temas relacionados coas funcións asistenciais propias de servizos de urxencias e emerxencias médicas 0,25 puntos.

-Por posuír o certificado de medicina de emerxencias CME: 3 puntos.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

6. Reserva para minusválidos:

Resérvase un 5% de prazas, en virtude da disposición adicional 7ª da Lei 4/1988 na redacción que lle dá a Lei 9/2003, do 23 de decembro, que establece que nas ofertas de emprego público reservarase unha cota non inferior ao 5% das vacantes para seren cubertas entre as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que superen as probas selectivas e que no seu momento acrediten o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes.

7. Admisión de candidatos, data e lugar das probas e resultados:

O día 30 de outubro exporase nos taboleiros de anuncios de todos os centros de traballo da fundación, nas delegacións provinciais de Sanidade, na Secretaría do Sergas e na páxina web http://061.sergas.es. a listaxe de candidatos que cumpren os requisitos.

A hora e lugar das probas de selección, a resolución da selección, así como calquera outra comunicación relativa ao proceso, publicarase nos taboleiros de anuncios de todos os centros de traballo da fundación, nas delegacións provinciais de Sanidade, na Secretaría do Sergas e na páxina web http://061.sergas.es

8. Reclamacións:

O prazo xenérico de reclamacións será de 3 días naturais.

O prazo de reclamacións contra a nota final será de 10 días naturais que comezarán a contar desde o día seguinte á publicación da lista de contratación indefinida (provisional). Unha vez finalizado o dito prazo, a lista terá carácter definitivo. Calquera reclamación ou consulta deberá realizarse á secretaría da comisión de selección.

9. Sistema de desempate:

O sistema de desempate efectuarase a favor dos aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e, de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, se é preciso, sucesivamente por cada alínea da fase de concurso e pola súa orde. Por último, decidiría a maior idade do aspirante.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

María Cegarra García

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061