DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 15 de setembro de 2006, aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto, por concurso e por vía de urxencia para a adquisición dun vehículo tractor con rozadora e tratamentos preventivos, para a prevención e defensa contra incendios forestais.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local, na sesión da mesma data, aprobou o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerá na contratación da mencionada subministración, o que se expón ao público polo prazo de catro días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publi

cación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, para efectos de reclamacións.

Así mesmo anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xunta de Goberno Local do Concello de Verea.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición dun vehículo tractor con rozadora e tratamentos preventivos, para a prevención e defensa contra incendios forestais, conforme as características que se establecen nas prescricións contidas no anexo I e incorporadas ao prego de cláusulas administrativas.

b) Prazo da subministración: 10 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O orzamento para a subministración ascende á cantidade de 90.291,27 euros, IVE e demais gastos incluídos.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: concello de Verea (Ourense) en horas das 9.00 ás 14.00, excepto sábados.

b) Domicilio: Carballo, Verea.

c) Localidade: Verea, código postal 32813.

d) Teléfonos: 988 43 06 00 ou 988 43 06 58.

e) Fax: 988 43 06 59.

f) Data límite obtención documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación do contratista:

Non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite: dentro dos oito días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: concello de Verea.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: concello de Verea.

b) Hora e data: 13.00 horas do segundo día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil.

10. Criterios de adxudicación:

Serán os sinalados na cláusula 6ª do prego de cláusulas.

11. Gastos dos anuncios:

Os gastos dos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Verea, 18 de setembro de 2006.

O alcalde

Rubricado